PREINSCRIPCIÓN: IV TROFEO CIDADE DE VIGO - XVII COPA GALICIA DE X. ACROBÁTICA 2025Acceder aquí
PREINSCRICIÓN: XV COPA GALICIA INTERNACIONAL DE XIMNASIA TRAMPOLÍN 2025 - I MEMORIAL PABLO HINOJARAcceder aquí
A Xunta de Galicia, a través do Observatorio Galego de Familia e Infancia, vén de aprobar o Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte en Galicia.

Coa publicación da “Ley Orgánica 8/2021, de 4 de junio, de protección integral a la infancia y la adolescencia frente a la violencia” (BOE núm. 134, de 05/06/2021), as entidades que realizan de forma habitual actividades deportivas ou de lecer con persoas menores de idade, están obrigadas a designar a figura do Delegado/a de Protección ao que as persoas menores de idade poidan acudir para expresar as súas inquietudes, e quen se encargará da difusión e o cumprimento dos protocolos establecidos, así como de iniciar as comunicacións pertinentes nos casos nos que se detectou unha situación de violencia sobre a infancia ou a adolescencia.

Trátase dunha medida de obrigado cumprimento para todos os centros que realicen actividades deportivas na comunidade e extensible por tanto a todas as federacións e clubs.

O obxectivo principal é prever as violencias e establecer canles de intervención e protección, convertendo as entidades deportivas en espazos seguros e libres de violencia, promovendo unha contorna de respecto e bo trato. O ámbito de actuación esténdese a todas as situacións da práctica deportiva, como adestramentos, competicións ou calquera evento. Búscase tamén contribuír á detección de posibles casos de violencia no seo da familia.

O protocolo pretende converterse nun recurso práctico, universal e plenamente aplicable tanto para previr como para intervir. Para isto, establece a creación de canles de comunicación en cada unha das entidades para que se poidan formular de maneira confidencial inquietudes, notificacións ou queixas en relación con actos de violencia sobre menores. No caso de identificarse unha situación de violencia ou de risco, deberá notificarse á autoridade ou servizos sociais correspondentes, ademais de prever un proceso de mediación.
Real Federación Española de Gimnasia
Deputación de Ourense
Deputación da Coruña
Deputación de Pontevedra
Deputación de Lugo
O noso sitio web usa cookies propias e de terceiros con fins analíticos e de mercadotecnia. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar